08 nov 2012 . Actualizado a las 06:44 h.
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), a través dos seu centro en Pontevedra, será a institución de honra distinguida este ano con motivo do 53 aniversario do pasamento do poeta Ramón Cabanillas. A xunta do Goberno local cambadés, reunida o luns, acordou por unanimidade conceder esta distinción á UNED pola súa traxectoria, a súa colaboración e a disposición a organizar cursos de verán en Cambados.