
Os galaicos impuxéronse 24-17 ao xigante vasco con tres xogadores arousáns no seu quince inicial
03 jun 2015 . Actualizado a las 05:10 h.«Es el mayor logro de la selección absoluta masculina de Galicia en la última década, junto a aquel tercer puesto en el Campeonato de España en el que vencimos a Madrid en la final de consolación». O vilagarcián David Losada, adestrador do combinado galaico formando tándem co vilanovés de adopción Alberto Mera, contextualizaba onte deste xeito o triunfo que o seu equipo acadou o pasado sábado en Lugo sobre Euskadi na primeira xornada da Galeuscat. Un 24-17 grabado en letras capitulares nos anais do rugbi a este lado do Padornelo, por tratarse da primeira vitoria galega na historia sobre o xigante País Vasco.
A xesta dos homes de Losada e de Mera, co vilagarcián Chamy Doval completando o trío técnico na función de mánager, será lembrada con acento esdrúxulo arousán. Con Adrián Fernández, Gambita, como líder do exército irmandiño, e tres xogadores da bisbarra no quince de saída. O oito xa mencionado, o á cambadés David Riveiro, Albariño, e o pilier dos Ingleses Jesús Moure, Sito.
Gambita foi o autor de tres dos catro ensaios cos que o coletivo galego se levou o gato á auga. Incluídos os dous que determinaron o sino do encontro fronte a Euskadi. O primeiro, no minuto 4, que poñía por diante o cadro local e consolidaba a confianza nas súas posibilidades de rebelarse contra a historia. E o último, a 5 minutos da conclusión, cun 17-17 ondeando no marcador desde o inicio da segunda parte co que se remontara o 10-17 do descanso, tamén por obra do oito vilagarcián e co lucense do CRAT Javi Doval en funcións de transformador.
Losada enxalzou onte o papel de Gambita, toda vez que ao descanso «terminó totalmente cojo de un tobillo. Estábamos pendientes de si lo íbamos a cambiar, y me dijo ?déjame 5 minutos, déjame 5 minutos?. Jugó todo el partido, y en el tercer tiempo estaba de nuevo cojo». O seleccionador confía en dispoñer del para o asalto ao título o día 13, nas Pontes ante Cataluña.