A canteirana Nerea amarrou o punto para o cadro vilagarcián, que errou numerosas ocasións para gañar
06 sep 2016 . Actualizado a las 05:05 h.Advertía o pasado venres o de novo adestrador do Ana Vidal Atlético Arousana, Nando González, que o El Olivo dista de ser o gran dominador do fútbol feminino galego dos últimos tempos. E así se víu o domingo no campo da Lomba. Cun conxunto vilagarcián desperdiciando innumerables ocasións de gol para abrir a Liga 2016/17 de Segunda División cun triunfo, tendo que conformarse cun empate a 1.
Nerea, debutante na categoría, amarrou o punto local no minuto 38, cun tanto que anulaba o asinado no 16 pola visitante Nati. Durante o encontro outras tres canteiranas do Arousana gozaron dos seus primeiros minutos no primeiro plantel, Noa, Irene e Antía.