12 ene 2017 . Actualizado a las 05:05 h.
O tenista do C.T. O Rial Luis Montull disputa desde hoxe o Master Rexional Absoluto nas instalacións do Círculo Mercantil e Independiente de Pontevedra. Todo un éxito para un xogador de 17 anos, que accede a unha cita limitada ás 16 mellores raquetas da nosa comunidade. Un premio á súa gran tempada 2016, na que gañou, entre outros títulos, o campionato galego júnior de dobres. Clasificado por ránking, Montull debuta hoxe ás doce fronte ao vigués Iago Salvador.