![](https://img.lavdg.com/sc/_9IJ2EYx1pjg3RghBcwLUF4htY4=/480x/2018/02/14/00121518646922069447600/Foto/AS17C10F1_232035.jpg)
O arousán participou na segunda fiestra FIBA tras ser subcampión da Copa Polaca
15 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O pasado sábado a selección española absoluta feminina de baloncesto daba un paso de xigante de cara á súa clasificación para o Eurobásket 2019 de Serbia e de Letonia, superando a domicilio o sobre o papel o seu rival máis duro no Grupo F da fase de peneirado, Ucrania. O resultado, 68-72. Na noite do martes o combinado que dirixe Lucas Mondelo selou virtualmente o seu pasaporte continental cumprindo co trámite de volver impoñerse con claridade, 97-57, a selección de Bulgaria, con 3.900 afeccionados gozando do cuarto triunfo hispano noutros tantos partidos da fase. Nos catro participou o preparador físico vilagarcián Jordi Aragonés, que continúa o seu idilio coa mellor selección española de baloncesto feminino da historia, cuxa afinación física correu a cargo do arousán en todas e cada unha das cinco grandes citas nas que se subíu ao podio desde o 2013.
Jordi Aragonés incorporouse á selección nesta última fiestra FIBA tras ser subcampión da Copa de Polonia co seu club, o Wisla Can Pack Cracovia, o 21 de xaneiro, mentres camiña líder en solitario da Liga cun balance de 14 vitorias e de 2 derrotas.