Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Mecos faise coas bandeiras masculinas Lavanova e de Moaña

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

03 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O mal tempo non lle impedíu desta volta á frota de bateis da Territorial Sur gozar dunha longa fin de semana. Coa disputa da V Bandeira Lavanova no Porto do Grove na tarde do sábado, e da do Concello de Moaña na mañá do domingo. En ambas, co Club de Remo Mecos-Mondariz como protagonista, facéndose con cadansúa bandeira masculina.

O sábado foi Chapela o que levou a bandeira feminina Lavanova pese a gañar tan só na categoría promesa (4.51.91), polos dous triunfos do C.R. Vilaxoán, en alevín (3.01.52) e na categoría xuvenil (9.47.68), ademais do segundo posto na absoluta, a 8,58 segundos do gañador, o C.R. Mecos (9.47.56). Tamén foi segundo o C.R. Vilaxoán en alevín masculino. O C.R. Mecos gañou en infantil (4.41.64), con só 1,95 segundos sobre Amegrove C.R., á súa vez campión en xuvenil masculino (9.12.86) con 8,71 segundos sobre o C.R. Vilaxoán. O C.R. Mecos rematou asimesmo segundo en cadete e terceiro en absoluta masculina, e o C.R. Vilaxoán terceiro e segundo nestas últimas dúas categorías, respectivamente, con Bueu como vencedor en ambas.

O domingo a tenacidade da organización permitíu que a frota de bateis saíse finalmente á auga na Bandeira Concello de Moaña. Co C.R. Mecos-Mondariz coma único representante arousán, impoñéndose na regata absoluta feminina en 10.06.16, e nas categorías masculinas, na infantil, en 4.54.87, e na cadete, en 6.55.26, ademais do terceiro posto na regata absoluta, a 13,10 segundos da gañadora, Bueu.