Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Vilaxoán, Mecos e Amegrove copan sete dos nove títulos do Territorial Sur de Bateis

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A bancadas das rías de Arousa e de Pontevedra clasifican a quince embarcacións para o Campionato Galego

16 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

As augas do porto de Vilaxoán coñeceron na mañá de onte os gañadores das nove categorías do Campionato Territorial Sur de Bateis, e os catro representantes da provincia de Pontevedra no Campionato Galego, que se disputará esta vindeira fin de semana na Pobra do Caramiñal. Entre os resultados dos clubs das rías de Arousa e de Pontevedra salientaron os sete títulos reunidos polo C.R. Vilaxoán (4), polo C.R. Mecos (2) e polo Amgrove C.R. (1), ademais das quince embarcacións clasificadas polos tres clubs e Bueu para a cita autonómica. Estes foron os resultados das nove finais do Campionato Territorial Sur en Vilaxoán.

Categoría Alevín Feminina: 1.º Vilaxoán (3.16.57), 2º. Vila de Cangas (3.32.90), 3º. Tirán (3.35.29) e 4º. Bueu (4.02.93). Promesa: 1.º Tirán (5.36.39), 2.º Vila de Cangas (5.37.30), 3º. Chapela (5.38.44), 4.º Mecos (5.46.62) e 5.º Robaleira (5.51.80). Xuvenil Feminina: 1.º Vilaxoán (11.36.59). 2º. Chapela (11.56.95) e 3.º Tirán (13.53.29). Absoluta Feminina: 1º. Mecos (11.30.18), 2º. Vilaxoán (11.43.18), 3.º Samertolameu (11.48.06), 4.º Tirán (12.06.69) e 5º. Chapela (12.20.02).

En categorías masculinas, Alevín: 1.º Vilaxoán (3.25.70, 2.º Chapela (3.28.35), 3º. Tirán (3.32.17), 4.º Arealonga (3.52.48) e 5º. Virxe da Guía (4.21.33). Infantil: 1.º Amegrove (5.26.91). 2º. Mecos (5.36.82), 3º. Bueu (5.45.15), 4º. Samertolameu (5.56.35) e 5.º Tirán (6.01.51). Cadete: 1.º Mecos (8.06.72), 2.º Bueu (8.25.72), 3º. Robaleira (8.32.51), 4.º Cesantes (8.33.12) e 5.º Coruxo (8.37.04). Xuvenil: 1º. Vilaxoán (10.55.49), 2º Samertolameu (10.57.23), 3º. Amegrove (11.01.57), 4º. Tirán (11.09.23) e 5º. Meira (11.11.44). E Absoluta: 1º. Samertolameu (10.14.51), 2º. Bueu (10.17.60), 3º. Tirán (10.22.09), 4º. Amegrove (10.26.64) e 5º. Chapela (10.49.42).