Veloso, sétimo na crono, arrebátalle co seu W52-F.C. Porto o título por equipos da Volta a Portugal ao Sporting/Tavira de Marque
AROUSA

O equipo do vilagarcián anulou os 2 segundos de vantaxe cos que a escadra do seu amigo estradense chegaba á derradeira etapa
13 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Presentábase onte a décima e derradeira etapa da 80ª. Volta a Portugal como unha boa oportunidade para que Gustavo César Veloso se resarcise dunha ingrata rolda na que, tras a súa negra ascensión a Covilhã, sete días atrás inda na cuarta etapa, quedara descartado tan cedo da loita pola xeral. Convertido desde entón nun gregario de luxo para Raúl Alarcón, que onte reeditou o seu triunfo na Grandissima, o vilagarcián confiaba nas súas dotes de contrarreloxista para, como un ano atrás, daquela tras a súa pájara monumental en Torre o día anterior, rematar cun bo sabor de boca gañando a última etapa. Na súa chegada como 41º clasificado da xeral marcou con diferenza o mellor tempo ata entón en Fafe, facendo os 17,3 quilómetros en 26.10. Pero o seu compañeiro no W52-F.C. Porto Ricardo Mestre, xa só con outros dez corredores por saír, batíu o crono do arousán, que rematou sétimo a 53 segundos do vencedor do día, De Mateos. O estradense do Sporting/Tavira, Álex Marque, foi undécimo a 1.23.
Veloso, 39º. da xeral, tivo o seu premio ao contribuír decisivamente a arrebatarlle ao Sporting do seu amigo Marque, finalmente 13º., a xeral por equipos, que o Tavira dominaba por 2 segundos ata a crono.