Charla de Manu Santos no Bouza Brey, que recibirá a un campión da Euroliga
AROUSA
O Clínic Vilagarcía volverá a súa cita anual o 14 e 15 de xuño
21 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.O Ciclo Formativo de Técnicos Deportivos en Baloncesto do I.E.S. Fermín Bouza Brey de Vilagarcía contará esta semana na súa charla dos venres con Manuel Santos coma protagonista. O adestrador e licenciado en Psicoloxía, responsable técnico da penúltima tempada do Xuven de Cambados na LEB Prata e do seu segundo posto ao termo da fase regular rozando o o ascenso á segunda categoría do baloncesto profesional español, falará sobre Metodología y objetivos en formación: Qué y Cómo entrenar.
A charla comezará ás 10.30 horas na sala de ordenadores do centro educativo, cun pequeno descanso ás 11.45 e continuación desde as 12, xa na pista do ximnasio do instituto para a transferencia práctica dos contidos transmitidos por Manu Santos.
Clínic Vilagarcía
Noutra orde de cousas, o profesorado do Ciclo Formativo de Técnicos Deportivos en Baloncesto do I.E.S. Fermín Bouza Brey adiantaba onte a celebración dunha nova edición do seu Clínic Vilagarcía. Cunha década xa de traxectoria, a proposta está programada para o venres 14 e para o sábado 15 de xuño e contará, informan sen desvelar inda a identidade do protagonista, coa presenza entre os conferenciantes dun adestrador de gran currículo e cun título da Euroliga no mesmo.