
A escritora presenta El amor, la vida y más allá, este serán, no auditorio de Vilagarcía
21 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 20 horas • Auditorio de Vilagarcía • A novelista e académica da RAG, Marina Mayoral presenta hoxe en Vilagarcía o libro «El Amor, la vida y más allá», editado por Teófilo Edicións. Ás oito da tarde, a autora falará deste seu traballo, unha colección de relatos e reflexións sobre o amor, a morte e, por suposto, a vida. Son todos eles temas universais, tratados unha e mil veces na literatura, nos que Mayoral repara para lanzarlles unha ollada profunda, que permite acceder ás verdades que nas letras se agochan a través dun discurso cargado, por veces, de humor.