F.C. Barcelona, Makkabi Frankfurt e Dépor, no AF7

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

lO alemán será o cuarto cadro teutón na historia do torneo internacional alevín

08 may 2019 . Actualizado a las 22:00 h.

Fiel ao seu hábito adquirido nos últimos anos, a organización do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 vai dosificando as identidades dos equipos que figurarán no cartel da súa fase final. E polo que se ve, os responsables do campionato, un dos máis prestixiosos da súa categoría de idade de cantos se celebran no planeta balompé, colléronlle o gusto a anunciar os conxuntos de tres en tres.

Así, logo de desvelar a confirmación de tres dos campións na historia do AF7, o Real Madrid, o Celta de Vigo e un Villarreal que defenderá título, os rectores do evento alevín engadiron onte os nomes do F.C. Barcelona, do Deportivo da Coruña e mais do Makkabi Frankfurt alemán.

Culé e herculino son xa dous clásicos da fase final. O primeiro, de feito, eleva a catro o nome de equipos confirmados con a lo menos un título do AF7 nas súas vitrinas. No caso do conxunto catalán, o correspondente ás edicións do 2013 e mais do 2015. Ademais da calidade mundialmente recoñecida do xogo practicado polos canteiráns da Masía, o F.C. Barcelona é un dos clubs con máis nomes de futuros xogadores elite nos seus listados de participación no campionato arousán. Jordi Alba (edición do 2001), Thiago Alcántara e Sergi Roberto (2003) salientando nesta ilustre nómina.

Os numerosos afeccionados ao Dépor confiarán en poder gozar dunha versión do club coruñés máis semellante á do seu equipo do 2018, semifinalista baixo a dirección dun dos mellores futbolistas da última edición do torneo, Daniel Estévez, ca da inmensa maioría dos pasos precedentes do Dépor polo AF7.

Polo que respecta ao Frankfurt, desde a organización do Arousa Fútbol 7 saliéntase que presenta «de las mejores generaciones de su país, dominador en la competición de la región Rin-Meno -área metropolitana de 5 millones de habitantes-, obteniendo excelentes resultados en competiciones internacionales». Será o cuarto club xermano no campionato logo do paso do Borussia Dortmund, do Bayer Leverkussen e do Werder Bremen.

Con estes tres nomes o AF7 xa ten confirmados 10 dos 20 equipos da súa fase final. Os seis top, mais os saídos da previa da Semana Santa: C.J. Cambados, Ural C.F., X. Oroso e Val Miñor.