O Arousana queda só no último posto tras a vitoria do Umia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

12 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Atlético Arousana perdía o pasado sábado 3-1 na súa visita a un dos aspirantes ao ascenso no Grupo 1 da Primeira Nacional, o Deportivo Abanca B, que xa gañaba 1-0 no minuto 2, e 0-2 no 26, con Aroa subindo o 3-1 no 76, só dous minutos despois do gol da honra das vilagarciás, obra de Romina.

O Arousana queda só no último posto da Liga, logo de que o domingo o Umia sumara o seu segundo triunfo da tempada, ocupando o penúltimo posto cos mesmos 8 puntos co Gijón, co Victoria C.F. e coa súa última vítima, o Racing Féminas B. Míriam (minuto 12) e Lidia (24) adiantaron as ribadumienses, coa local Carla recurtando no 52. Lidia (58) e no 87 Antía parecían resolver co 1-4, pero o Umia sufríu para asinar o 3-4 encaixando dous tantos no treito final do choque.