O evento celebrarase na noite deste sábado, no Auditorio da Mercé, e sumará varias mencións especiais
16 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.O mundo do deporte da vila do albariño está convidado a participar este sábado, desde as nove da noite no Auditorio da Mercé, na segunda edición da Gala do Deporte de Cambados. Unha iniciativa promovida no último ano do anterior mandato municipal polo nacionalista Víctor Caamaño como concelleiro do ramo, e ao que decidiu darlle continuidade a súa sucesora no posto, a socialista Cruz Leiro. Un xurado integrado por xornalistas especializados dos medios de comunicación con presenza na comarca baixo a presidencia da propia concelleira decidiu o nome dos tres finalistas en cada unha das categorías da nómina de premios que serán entregados na gala entre os nomes propostos por calquera cidadán, club ou entidade que desexou facer a súa achega. Tamén decidiron os gañadores, que serán desvelados durante o acto do sábado. Estes son os nomes dos candidatos a cada categoría.
Uxía Rodríguez Fernández (ximnasia de trampolín), Celia Castro Padín (Club Atletismo Cambados-Seguros Noval) e Sofía Parada Piñeiro (Club Piragüismo Cambados), candidatas a mellor deportista promesa feminina. Luca Rey Chimera (Club Xadrez Fontecarmoa), Iván Dovalo Bemposta (Piragüismo Cambados) e Francisco Trigo Silva (Judo Club Senín), a mellor deportista promesa masculino. Sofía Hermida Somoza (Xuven), María Pérez Aragunde (Náutico O Muíño) e Ángela Oubiña Outeda (XAV), a mellor deportista feminina. Amadeo Abal Chaves (atleta), Ángel Sánchez Rebollido (ciclista) e Fernando Padín Montáns (tenista de mesa), a mellor deportista masculino. María Evangelina Vázquez Iglesias (piragüista), Araceli Bugallo (tiradora de esgrima) e Lupe Pilar Serén (atleta), a mellor deportista veterana. Ramón Padín Oubiña (tenista e mesa), Juan Rivas Castro (atleta) e Juan Luis Cascallar Tiago (futbolista), a mellor deportista veterano. Maxi Oubiña Falcón (C.A. Cambados-Seguros Noval), Rubén Cornes Otero, Pénjamo (A Merced) e Jesús Trigo Meira (Club Tenis Cambados), a mellor adestrador. O alevín F-11 do Club Juventud Cambados, o sénior feminino do Xuven e o conxunto de kaiak de mar do Club Piragüismo Cambados, a mellor equipo dunha entidade. Cambados Tenis de Mesa, Club Atletismo Cambados e Piragüismo Cambados, a mellor club. Xuven, Club Atletismo Cambados e Juventud Cambados son os aspirantes a mellor escola deportiva. E a San Silvestre Solidaria 2019, o Torneo Vila de Cambados Ximnasia Rítmica Grand Jeté e o Campionato Provincial Copa Deputación Club Inae Taekundo, a mellor evento.
Actuacións musicais
Ademais de todas as categorías mencionadas, haberá cadanseu premio ao mellor patrocinio e mellor traxectoria deportiva individual, así como varias mencións especiais.
A gala será presentada por Goyo Agra, e estará amenizada polas actuacións musicais dos integrantes do grupo Quilma Enrique Barreiro e Xosé Piñeiro.