
A primeira quenda arrincará mañá, sábado, ás seis da tarde
24 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.As dez tripulacións da Liga Galega de Traiñeiras A iniciarán a segunda fin de semana da tempada no Porto do Grove. En xogo, a novena edición da Bandeira Virxe do Carme, co Club de Remo Mecos como anfitrión, coa primeira quenda arrincando mañá sábado ás seis da tarde.
A directiva da entidade grovense, coa súa presidenta, María Luisa Barreiro, á cabeza, presentou onte a regata na sede do club. Fíxoo agradecéndolle ao Concello a súa implicación económica coa cita deportiva no medio da crise económica derivada da pandemia.