Medalla europea de chocolate para Diego Romero e éxito do Breogán do Grove e das Torres en Talavera

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

RFEP

Tono Campos, Tania Álvarez, Rosalía García e Pedro Torrado gañaron cadanseu título no Campionato de España de Media Maratón

08 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O piragüismo arousán viviu a pasada fin de semana cun ollo en Poznan, Polonia, e o outro en Talavera de la Reina. No primeiro escenario, con cinco padexeiros no Campionato de Europa Absoluto de Sprint Olímpico. Unha cita na que Diego Romero, do Breogán do Grove, foi o mellor co seu cuarto posto na final directa do C1 5.000 en 23.52.337, a algo máis de 7 segundos do italiano Tacchini, bronce. O meisino Iago Monteagudo rematou quinto na final directa do K4 1.000, a 1 segundo do bronce, María Pérez, do Muíño, sétima no C2 200, e o madrileño Noel Domínguez e o cangués David Barreiro, do Breogán, oitavos no C2 1.000.

En Talavera de la Reina, no Campionato de España de Media Maratón, o As Torres-Romaría Vikinga finalizou segundo por equipos, cos seus padexeiros Pedro Torrado (C1 Cadete) e Rosalía García (C1 Xuvenil) campións e con Fernando Busto subcampión do C1 Sénior só por detrás do breoganista Tono Campos. A compañeira deste Tania Álvarez tamén se coroou, no K1 Sénior.