A artista cambadesa Pauliña presenta o seu terceiro traballo esta noite en Ás 9 na praia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os solpores chill outo de Vilagarcía reprográmanse para recuperar as datas que o mal temo impediu

13 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A música en directo regresa esta noite á praia da Concha e á súa proposta de solpores chill out. Ás 9 na raia recibe a Pauliña. A artista de Cambados vén de lanzar, hai pouco máis dun mes, o seu terceiro traballo discográfico baixo o título Testemuñas. A idea é que o concerto reflicta o contido do álbum, caracterizado por unha fluída variación de estilos e unha forte dose de compromiso, con aproximacións ao blues, ao rock, ao country e mesmo ás rancheiras e ao reggae. Todo, coa loita feminista, a reafirmación persoal e a defensa da terra e a lingua coma principios irrenunciables da súa mensaxe.

Como sucede cada xornada, o recinto da praia abrirá as súas portes ás nove da noite, coa súa oferta de coctelería e selección musical, mentres que a actuación dará comezo unha hora máis tarde, a iso das dez. A entrada, sempre de balde ata completar o aforo, que está limitado.

A nova programación

Ás 9 na praia proponse, tamén, recuperar as datas que a organización tivo que adiar polo mal tempo, ao longo da semana pasada, e a xornada do domingo, na que a hostalaría se mobilizou fronte as restricións forzadas pola pandemia. A nova programación, independentemente das sesións que se leven a cabo esta semana sen interferir co Atlantic Fest, retomarase o luns 19, no que haberá chill pero non sesión de ninguén, ao coincidir cun concerto do festival. O martes 20 é a quenda de Celso Callón. Mércores 21, concerto de Silvia Penide. Xoves 22, sesión de Antonio Garrido. Venres 23, actuación de Zeltia Irevire. Sábado 24, de novo chill sen protagonista concreto por coincidencia co Atlantic. Domingo 25, sesión de Pablo Galbán, Blito. Ao cabo, a proposta deste verán, trufado de imprevistos, rematará o luns, 26 de xullo, cun concerto a cargo de MJ Pérez.