Jordi Aragonés: «Me siento un privilegiado por poder haber vivido mis segundos Juegos»

AROUSA

CEDIDA

O vilagarcián, preparador físico da selección española feminina de baloncesto, lamenta o desenlace do seu equipo en Toquio e tamén as restricións polo covid

15 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Jordi Aragonés goza estes días dunhas máis ca merecidas vacacións. Logo dunha longa tempada no seu club, o Sosnowiec, co que rematou oitavo nos play-offs polo título da Liga Feminina de Polonia, o vilagarcián dedicouse en corpo e alma á súa función de preparador físico da selección española feminina de baloncesto. Con ela pasou practicamente tres meses, encaixando o golpe do primeiro verán desde o 2013 fóra das medallas nos grandes torneos, pero espremendo tamén a segunda experiencia do arousán nuns Xogos Olímpicos, logo de contribuír desde a súa parcela á prata hispana na edición de Río 2016. Falamos con Jordi o xoves do seu paso por Toquio, durante a súa breve parada en Vilagarcía e antes de coller un voo coa súa muller, Kinga, e coa súa filla, Alice, rumbo a Fuerteventura a desconectar uns días. 

«Estos fueron unos Juegos especiales, pero unos Juegos. Somos un porcentaje muy pequeño de la población mundial que puede vivirlos desde dentro», sinala o preparador físico. Por iso, e por facelo por segunda vez, declara: «Me siento un privilegiado».

Dío inda a pesar da dureza da experiencia, en múltiples sentidos. O primeiro e fundamental, o que guía a calquera deportista de elite, os resultados. España chegaba a Toquio tras encaixar o duro golpe de verse moi lonxe de poder revalidar o seu título e elevar a cinco o seus ouros no Eurobásket. Eliminada pola futura campioa, Serbia, logo de perder o primeiro partido da competición, con Bielorrusia, e o peor de todo, fóra das prazas para o vindeiro Mundial. Ese «fue el palo duro», recorda Aragonés, que sen buscar escusas, lembra os positivos de Alba Torrens e de Tamara Albade a cinco días do inicio do Europeo, vividos con temor a máis contaxios e sen poder completar a preparación, co vilagarcián traballando coas xogadoras nas súas habitacións de hotel.

Recuperadas Torrens e Abalde, Jordi opina que «llegamos bien a Tokio. Ganamos los tres partidos de la fase de grupos. Estábamos en buena disposición. Pero nos tocó Francia en cuartos y no supimos rematar. No tuvimos la fortaleza y el acierto de otras veces», resume o arousán.

«Con la selección acabábamos cada verano con una sonrisa y una medalla. Este año fue el primero con dos grandes competiciones y en ninguna de las dos alcanzamos el objetivo», e por moi consciente que fose de que «en el deporte es imposible ganar siempre», Aragonés non puido evitar vivilo «con la sensación agridulce» derivada da mestura de gozar dos seus segundos Xogos no momento de maior fraqueza da selección. Chegados a este punto, só pensa en que «hay que aceptarlo y seguir intentándolo».

Máis aló do rendemento deportivo, o vilagarcián comprobou as grandes diferenzas entre a liberdade de Río e a burbulla de Toquio, empezando por PCR diarias: «La vida en la villa olímpica podía parecerse a la de los Juegos anteriores. Pero no podías salir de allí más que para entrenar y jugar. En Río podías hacer turismo y ver otras disciplinas. En Tokio solo te dejaban ver partidos de tu misma disciplina. Fue una pena, porque es una gozada asistir a eventos de otros deportes. Pero estábamos preparados para ello».

As estreiteces da pandemia e o desenlace deportivo converteron o verán do 2021 no máis duro na carreira de Jordi Aragonés. «Nunca pasé tanto tiempo separado de mi familia», conta, vendo a súa parella e a súa filla só 5 días desde o 15 de maio ata o seu regreso de Toquio. Con todo, o vilagarcián repite: «Soy un privilegiado».