Luis Zahera regresa a Vilagarcía porque quere «facer de galán»

La Voz

AROUSA

Luis Zahera, nos tempos nos que aínda se celebraba a Festa da Ameixa de Carril, da que foi pregoeiro
Luis Zahera, nos tempos nos que aínda se celebraba a Festa da Ameixa de Carril, da que foi pregoeiro Adrián Baúlde

O actor estará en xaneiro no auditorio para poñer en escea o seu último monólogo

20 dic 2021 . Actualizado a las 20:59 h.

Luis Zahera volverá en xaneiro a Vilagarcía para representar o seu último espectáculo que leva por título «Quero facer de galán», un monólogo no que co humor que o caracteriza repasará a súa traxectoria profesional e persoal contando anécdotas que arrancarán as gargalladas do público. Será o venres, 14 de xaneiro, ás 21.00 horas no Auditorio. As entradas custan 12 euros na zona A do patrio de butacas e 10 para as Be C. Pódense comprar dende hoxe en ataquilla.com (máis custes de xestión) e o día da función a partir das 19.00 horas no Auditorio.

O actor galego, galardoado co premio Goya da academia do cinema, mostra a súa faceta cómica neste show de 90 minutos cheo de recordos acerca da súa infancia, a súa chegada á TVG, os seus inicios na televisión nacional e unha infinidade de anécdotas surrealistas. Luis, vén de cumprir 11 anos repartindo humor nos principais teatros e auditorios do país.