O Mariscos Antón pecha o curso cun progresa adecuadamente

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Javi Nogueira traballa xa na vindeira temporada

12 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Sexto clasificado do Grupo A. Deste xeito rematou o Mariscos Antón Cortegada a súa participación na Liga Femenina 2. Co mesmo número de vitorias ca derrotas, 13, e á mesma distancia do corte de acceso á fase de ascenso á Liga Challenge e da zona de descenso á Primera División: cinco partidos gañados menos e máis. Iso nos números. Na letra, a que serve para expresar as sensacións, sempre quedará a dúbida de cal tería sido o percorrido do conxunto vilagarcián de non ter perdido a escolta estadounidense Lauren Loven, chamada a ser xogadora franquicia desde máis aló do 6,75, nos primeiros compases do quinto partido do calendario de competición por unha lesión articular de gravidade.

Todos estes factores se moven na cabeza de Javi Nogueira á hora de facer o seu balance da campaña en calidade de adestrador do Mariscos Antón: «Ha sido una temporada con muchos altibajos, muchos sobresaltos: la lesión de Loren, de Cris, los casos de covid-19... Una temporada que acabó bien y que deja sabor agridulce por Zeltia», a escolta lucense que o pasado sábado se mancaba o xeonllo dereito na derradeira xogada da temporada no partido en Fontecarmoa fronte ao Unicaja. Descartada de inicio unha lesión ósea, xogadora e club están pendentes de que desapareza a forte inchazón na súa articulación para poder proceder ao diagnóstico exacto do alcance do dano.

Javi Nogueira declara estar: «Muy contento, y la directiva también. Con la americana lesionada en la quinta jornada, imaginar hace unos meses quedar sextos o estar hasta cuatro jornadas para el final de la Liga con opciones de poder entrar en la fase de ascenso era impensable».

¿E agora, que? Pois se ben inda non hai nada oficial, nin sequera unha proposta formal de renovación enriba da mesa, Javi Nogueira dá por feita a súa continuidade á fronte do equipo vilagarcián: «No hemos hablado oficialmente, pero ya estamos planificando el año que viene, hablando de fichajes. Yo quiero seguir y ellos —pola directiva— quieren que siga».

Sara Gómez sempre primeiro

Pendente da obrigada xuntanza coa directiva, Javi Nogueira ten clara a súa folla de ruta: «Lo primero es renovar a la gente de casa. Y lo primero de lo primero es saber qué hará Sara». Porque, como vén sendo norma nas últimas campañas, o proxecto do Cortegada pivotará sobre a gran capitá se esta decide continuar un ano máis, cumprindo os 36 o vindeiro 1 de agosto. A decisión da directora de xogo despexará a incógnita que hoxe manexa Javi Nogueira, se este verán terán que contratar unha ou dúas bases, toda vez que ten claro que a vilagarciá Nuria Chorén debe evolucionar cara o posto de escolta.

Polo demais, e xa sen María Centeno, que abandonou o equipo a menos de dous meses para a conclusión desta Liga, o adestrador do Cortegada ten claro que tocará reforzar o cadro de xogadoras co que contou este ano. Incluíndo esa foránea con capacidade para marcar diferenzas que Lauren Loven non chegou poder ser.