Pedro Muñoz, Ricardo Ramos e Ricardo Lages entran na lista para o Mundial de Kenpo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

Os deportistas do K. Vilagarcía competirán a vindeira semana en Hammamet, Tunisia, coa selección española

07 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Departamento Nacional de Kenpo vén de facer pública a listaxe de deportistas que representarán a España no Campionato do Mundo IKF de Kenpo que a vindeira semana, entre os días 9 e 14, se disputará na cidade tunesina de Hammamet. Sete son os loitadores galegos incluídos na nómina de convocados. E deles, tres locen a insignia do Kenpo Vilagarcía, ademais da súa propia historia mundialista.

Pedro Muñoz Fole competirá nas modalidades de kata, de kobudo, de kata por equipos, de combate semikenpo e de combate fullkenpo, nas dúas últimas no cadro de -75 quilogramos. Ricardo Ramos Suárez sairá a loitar polas medallas nas modalidades de kata, de kobudo, de defensa persoal e de kata por equipos. Pola súa banda, Ricardo Lages Crespo, compañeiro dos dous anteriores no Kenpo Vilagarcía, disputará os cadros de competición de defensa persoal mixta e de kata por equipos. Os tres competidores arousáns faráno na categoría sénior.

Xunto a eles, o kenpo galego estará representado no Mundial de Túnez por estoutros catro deportistas: Paula Ouviña Vilasó e Adrián Pego Rey, sub-21 do Kenpo Pobra, e Juan Manuel Pérez Parada (sénior) e Iván Parada Novo (máster), do Kenpo Barbanza.