«Rosalía suena a bolero, y Federico García Lorca, a blues»

Maruxa Alfonso Laya
m. alfonso REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

«De tu casa a la mía» é o título do novo disco que Uxía e Javier Ruibal presentan en Vilagarcía co gallo das Letras

15 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Andalucía e Galicia estarán un chisquiño máis preto o próximo 17 de maio en Vilagarcía de Arousa. Diso ocuparanse Uxía e Javier Ruibal, dous grandes dos escenarios que elixiron a Rosalía de Castro e a Federico García Lorca para facer o seu último traballo De tu casa a la mía. Ambos artistas contan cunha ampla experiencia musicando poetas e agora queren tender pontes sobre os versos e a alma de dúas figuras universais. O seu concerto no auditorio será unha boa ocasión para descubrir a profunda admiración que o poeta andaluz sentía pola raíña das letras galegas.

—¿Por que escolleron a Lorca e a Rosalía?

—[Uxía] Fixeramos un concerto xa xuntos, onde fixemos un dos seis poemas da Lúa de Lorca. E pareceunos boa idea tirar dese fío, para facer esa ponte norte-sur. Foi todo natural, escollendo poemas e poñendo música a cada un, foi un camiño bastante pracenteiro porque vamos da man de dous xigantes.

— [Javier Ruibal] Lo que queríamos era emular la pasión de Federico por Rosalía. Y no había habido antes un andaluz que cantara a Rosalía ni una gallega que cantara a Federico. La experiencia era bonita y daba la casualidad de que se cumplen 90 años del viaje de Lorca a Galicia para conocer a Rosalía.

—¿Foi complicado escoller os poemas para o disco?

—[U.] Sempre o é. Para min, a música sae e brota da propia musicalidade do poema porque Lorca e Rosalía son músicos. Quixemos tirar do fío dos seis poemas porque non son moi coñecidos fóra de Galicia, e musicamos catro. En Rosalía escollín Ahí va la loca soñando e En las orillas del Sar.

—[J. R.] A estas obras hay que acercarse con humildad y si le pones música tiene que ser agradable. No queríamos tocar las versiones de otros artistas. Hemos apostado por ritmos andaluces, como el tanguillo, y por gallegos, como la muiñeira, que tienen el mismo ritmo. Intentamos echar mano de todo el colorido que tuviera que ver con ellos, pero también con nosotros que estamos buscando siempre la música de nuestro pasado con idea de recuperarla.

—Se en realidade son músicos, ¿a que soan estes poetas?

—[J. R.] Suenan mucho a Uxía y a Xavier, pero tampoco a lo que fuera esperable de nosotros. Es todo muy acústico, intentando evocar las músicas echas en aquel tiempo. Rosalía suena a bolero y Lorca a blues, pero no vamos a ser spoiler, hay que ir a escucharlo.

—¿Como vai ser o concerto?

—[U.] Primeiro imos participar na ofrenda a Rosalía que se fai sempre en Carril e faremos unha actuación en acústico, so os dous para acompañar ese acto, que é moi emotivo, alí ao pe do mar. De feito, ese mar ao que se refería Rosalía na súa última frase, «abride as fiestras para que entre o mar», era o de Carril. E pola noite faremos unha festa no auditorio. Contamos con grandes músicos, como Serxio Tanus e Marcos Teira. Tentaremos que o público participe e faremos todas as cancións do disco e algunhas das nosas clásicas. Queremos agradecer ao Concello que nos escollera para este día especial, no que se lembra que somos un pobo, a nosa lingua e a nosa literatura.

—[J. R.] Será muy bueno, sin duda.