![](https://img.lavdg.com/sc/hijoERm5MPxXA6KR_PZGr2aN7-Q=/480x/2022/08/09/00121660075622631245160/Foto/A09G2077.jpg)
A cita será o 28 de agosto
10 ago 2022 . Actualizado a las 10:10 h.O covid levou por diante unha edición do Folk no Alobre e condicionou a do ano pasado. Unha romaría sentado poder ser calquera cousa, pero non é unha romaría. A deste ano si que será. Volve o Folk no Alobre, como dixo Daniel Abade, de Pés de Barro, para que a ela vaia toda a xente que teña gañas de foliada. De balde, hai que levar o xantar e as gañas de pasalo ben. O resto xa o poñen o lugar, o parque do Castriño, e as músicas que se poderán bailar alí o 28 de agosto.
Todo arrincará ás once da mañá cunha visita guiada que arrincará dende a praza da Independencia. Dende aí, os paseantes virarán cara a igrexa de Santa Baia para cruzar pola ponte de pedra cara o convento de Vista Alegre para logo entrar xa no parque Valdés Bermejo. Todo, con Xurxo Souto como mestre cerimonias.
Sesión vermú
Á unha arrincará a sesión vermú con Barullo. Trátase dun espectáculo de clown no que todos os instrumentos da música tradicional terán o seu protagonismo. O xantar está marcado para as dúas, pero cadaquén pode empezar cando lle pete. Haberá mesas, pero a comida hai que traela da casa,
Ás 16.00 arrincará o obradoiro de iniciación ao baile tradicional, con Luís Prego. Unha grande oportunidade para coñecer os pasos básicos, e para poñer en práctica o aprendido, dende as 18.00 estarán Os demos da Petaca. Miguel Cadavieco será o protagonista a partires das sete menos cuartos, ás 20.00 serán Caamaño&Amexeiras as que suban ao escenario e a grande festa no Alobre rematará con Maghúa desde as 21.30.