A condensación obriga a suspender o AF7 Indoor

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

A organización tentará reprogramar o torneo no Entroido

08 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

As fortes choivas e a elevada humidade xogáronlles unha mala pasada á organización do Torneo Arousa Fútbol 7 Indoor e, sobre todo, aos 41 equipos de toda Galicia que entre onte e hoxe tiñan previsto disputar os cadros biberón, benxamín e prebenxamín do campionato.

Só 40 minutos despois do inicio do torneo, ás 10.40 a organización parou o xogo ante a elevada condensación que se producira en tan pouco tempo no Pavillón Municipal de Ribadumia, en perfecto estado de revista só un par de horas antes. O AF7 tentará reprogramar o torneo indoor no Entroido.