O Asmubal cumpre ante o pechacancelas e manténse na loita cos de arriba (27-34) 

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Juan Costas puido darlles moitos minutos ás súas xogadoras menos habituais

31 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

El Pendo Camargo: Machuca, Vila (1), Carolina Acosta (10), Herrera (3), Gil (3), Sofía Fernández (3) e Novoa (5) —septeto titular—; Simón, Celia Martínez (1), Paula Fernández, Natalia Pérez (1), Blanco e Perales. 

Asmubal MeañoLorena Ligero, María Currás (1), Sofía Arangio (5), Eli Méndez (7), Vanesa Domínguez (1), Paula (1) e Cárol Ferreira (10) —septeto titular—; Agustina, Sabela Miniño (2), Lucía, Andrea Cores (4), Carmen Vera e Laura Miniño (3).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-2, 4-4, 7-6, 9-10, 11-12, 13-15 (descanso); 14-20, 17-24, 20-25, 23-28, 24-30 e 27-34 (final).

ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Castellanos e Piñera. Descualificaron a Laura Miniño (min 26.58) e castigaron con 2 minutos a xogadora local Carmen Perales (min 30.29 e 44.01) e a visitante Cárol Ferreira (min 33.33 e 51.43).

Sobre o papel, o do pasado sábado era o desprazamento máis benévolo da temporada. E se ben é certo que o El Pendo Camargo se lle resistiu durante o primeiro tempo, mesmo dominando o electrónico por veces, o Asmubal Meaño sumou con claridade en Cantabria a súa novena vitoria nas dezasete xornadas de Liga de División de Honra Prata Feminina disputadas ata o momento: 27-34.

Consciente de estar diante do rival máis frouxo da categoría, o adestrador do cadro do Salnés, Juan Costas, optou por reservar a Agustina Ballada para non poñer en perigo o proceso de recuperación dunha escordadura de nocello. Pero no minuto 27 de partido a descualificante directa a Laura Miniño, por agarrar polo pescozo a unha rival que se lle ía, obrigou o técnico visitante a botar man da lateral arxentina. Claro que pouco precisou dos seus servizos.

Tras chegar ao descanso 13-15 arriba, o Asmubal pisou o acelerador no arrinque da segunda metade e aos cinco minutos enfiaba o camiño á vitoria (14-20). A partir de aí, tras demostrarlle a El Pendo Camargo que as súas defensas mixtas sobre Eli Méndez, a central meañesa, non bastaban para evitar a superioridade do xogo rival, o Asmubal limitouse a administrar o seu dominio, co seu adestrador aproveitando para darlles minutos ás menos habituais.

Co seu triunfo en Camargo, o Asmubal segue sexto con 20 puntos e no grupo de seis equipos que se moven entre os 21 do segundo clasificado, o Carballal, e os 19 do sétimo, o BM Porriño.