![Imaxe dun encontro de Liga Galega anterior ao da pasada fin de semana](https://img.lavdg.com/sc/qsVufe-izHgi7VlVG0zuHqadkgU=/480x/2023/05/02/00121683062342327148399/Foto/A15A3057.jpg)
Venceu 4,5-1,5 o Círculo Ferrolano na oitava rolda da Liga
03 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O CX. Fontecarmoa-Viajes Interrías Sanxenxo pechou a pasada fin de semana coma novo líder da Liga Galega de División de Honra de Xadrez. Fíxoo tras gañarlle 4,5-1,5 a un dos históricos do deporte dos escaques en Galicia, o Círculo Ferrolano.
O resultado permitiulle ao conxunto vilagarcián acadar os 32 puntos, os mesmos co Benchoshey Pereiro de Aguiar e 0,5 máis co Xadrez-Estratexia pola Paz a falta xa tan só de tres roldas para a conclusión da Liga Galega.