A entrega fíxose ao longo da carreira solidaria que a localidade arousá acolleu a fin de semana
16 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación Española Contra o Cancro recibiu onte, de mans da Peña Barcelonista do Grove, unha doazón de cinco centos euros. A achega é posible grazas á recadación, por medio de donativos, da venda de Lotería Nacional ao longo do ano. José Carlos Prol e Carlos Bea, directivos da peña futbolística, escolleron a mañá do domingo, na que se celebrou a décimo terceira Carreira Contra o Cancro na localidade, para facer entrega do cheque que certifica a achega á presidenta da entidade, Manoela Domínguez, que agradeceu esta axuda económica. Os cartos contribuirán a que se siga investigando a cura para esta doenza. A carreira reuniu, como é habitual, a centos de mecos.