Xigantes e cabezudos marcan o ritmo nas festas do Carril

Rosa Estévez
rosa estévez VIILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

As tradicionais personaxes percorreron as rúas da vila

25 jul 2023 . Actualizado a las 19:26 h.

Chegou o 25 de xullo, o Día de Galicia e, tamén, o día do Apóstolo de Santiago. En Carril vívese esta festa con máis intensidade que no resto da bisbarra. De feito, a localidade vilagarciá xa está inmersa nun programa que arrincou onte, de boa mañá, con bombas e música. A charanga Mil9 e as gaitas dos grupos Brisa do Ulla e Malveiras, encargáronse de manter altos los ánimos ata as dúas da tarde, cando o primeiro destes grupos ofreceu unha sesión vermú. Xa pola tarde, arredor das sete, saíron ás rúas os tradicionais xigantes e cabezudos, unhas personaxes sorprendentes que asombran á rapazada e a quen vén de fóra. A primeira xornada das festas rematou cun espectáculo a cargo de La banda de ayer e de Claxxon.

Co ánimo aínda cheo da música de onte, a xornada segue hoxe sendo a protagonista no día grande do Santiago Apóstolo. Desta volta, será a banda de música municipal de Vilagarcía a que leve o protagonismo da xornada, desta volta coa axuda dos grupos Alambique, Os terribles de Arousa e Brisa do Ulla. Ás doce do mediodía haberá misa solemne, trala que a banda ofrecerá un concerto. Despois, a iso das sete da tarde, terá lugar a procesión, na que todo o mundo estará pendente, sen poder evitalo, da danza de las espadas, unha tradición que este ano foi obxecto dunha publicación. Xa pola noite, Unión y Fuerza e Metrópolis porán o punto e final a dúas xornadas de intensa festa.