Baños de bosque e paseos por Carril e Vilagarcía, algunhas das propostas sobre a mesa
03 ago 2023 . Actualizado a las 20:11 h.A creación do roteiro dos petróglifos do Xiabre é unha vella aspiración e, tamén, unha materia que Vilagarcía ten pendente dende hai tempo. Á espera de que ese percorrido sexa convenientemente sinalizado, hai outras rutas que paga a pena facer na contorna da capital arousá. Este mesmo fin de semana, a oferta é variada.
bosques terapéuticos
Percorrendo a ruta da Pedra e da Auga. Este é un dos paseos máis coñecidos e transitados da bisbarra do Salnés. Mañá sábado será o centro dunha acción enmarcada no programa da Deputación de Pontevedra Bosques Terapéuticos, que aproveita o amplo decálogo de árbores que medran no percorrido.
os segredos de carril
Un paseo coas mariscadoras. A asociación de mariscadoras AmarCarril organiza mañá e pasado un roteiro polas rúas da súa vía, cheo de referencias tanto á historia da mesma, como anécdotas sobre a súa veciñanza. Obviamente non faltarán as referencias á illa de Cortegada e ao traballo no mar. A actividade, gratuíta, xa non ten prazas vacantes.
inmersións na natureza
Outras formas de descubrir Cortegada e Lobeira. A empresa Latexos de Arousa oferta durante o mes de agosto varias actividades pensadas tanto para a veciñanza como para quen está de visita. Mañá teñen previstas dúas: unha ruta guiada polo centro de Vilagarcía e unha saída ao monte Lobeira no transcurso da que se recollerán plantas medicinais. O domingo 6 de agosto a proposta desenvolverase en Cortegada, onde se realizará un «baño de bosque». Trátase, xa ven, de disfrutar do entorno.