Vilanova sintoniza de novo con «O corno»

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

O Auditorio Valle-Inclán contou coa directora e o elenco da última gañadora da Cuncha de Ouro de San Sebastián

14 oct 2023 . Actualizado a las 18:16 h.

En setembro do 2022, Vilanova de Arousa foi, xunto coa Illa, uno dos escenarios da rodaxe do meirande éxito do cine galego, aló menos polo que se refire ao recoñecemento que O corno ten acadado: a Cuncha de Ouro de San Sebastián, un premio de primeiro nivel internacional que, con permiso dos traballos asinados por Óliver Laxe, nunca antes conseguira un filme facturado en Galicia.

Vilanova reencontrouse onte coa peripecia vital de María, o personaxe que interpretou Janet Novás, grazas á estrea que se desenvolveu no Auditorio Valle-Inclán. Ninguén quixo perder este momento, comezando polo alcalde da vila, Gonzalo Durán. Houbo fotocol, ovacións para a directora, Jaione Camborda, e moitas gañas no público, entre eles varios dos figurantes daquela rodaxe, se retratar co elenco da película. A produtora, por certo, quixo aclarar que o feito de non se ter estreado en Vilagarcía, a única cidade na que non se fixo, é unha decisión de Multicines Gran Arousa, que ben pode mudar, e que o filme non se presenta dobrado ao castelán, aínda que si con subtítulos en español, mesmo en varias salas galegas.

Martina Miser

Paixón por Jaione. Antes mesmo de comezar a proxección, o público de Vilanova ovacionou á directora de «O corno», Jaione Camborda, que participou nun coloquio coa actriz Janet Novás. Algún Mozo de Arousa tamén se deixou caer por aló.