Vilagarcía coroará este sábado os mellores traballos de fotografía e de vídeo submarinos de Galicia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

A Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS) organiza no Salón García a súa  Gala da Imaxe Submarina

30 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), organizará na tarde deste sábado a súa decimo quinta Gala da Imaxe Submarina. Unha cita que celebrará coa colaboración do Club Subacuático Pérez Sub no Salón García da Casa de Cultura de Vilagarcía de Arousa.

Francisco Ventoso, directivo da FEGAS e do Pérez Sub, presentou onte o evento xunto co presidente do club local, José Peso, e a carón do concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Deportiva Municipal, Carlos Coira. Ventoso explicou que a gala busca «o recoñecemento aos deportistas máis destacados durante todo o ano nas nosas tres disciplinas: fotografía, vídeo e fotografía en apnea ou cazafoto sub. Ademais, entregaránse os premios da Copa Galicia de Pesca Submarina, coa deportista do Pérez Sub Soraya Hermida entre os que suban ao estrado neste apartado.

A gala servirá tamén para recoñecer aos galegos campións do mundo este ano: Jorge Candán e Pilar Barros, en vídeo por cuarta vez, e Isabel Arroyo, Jacobo García e Adrián, en pesca submarina. Tamén aos representantes da comunidade no último Campionato de España.

Ademais, esta semana inauguraráse no Auditorio Municipal unha exposición itinerante da FEGAS con 57 dos mellores traballos dos deportistas da imaxe e do vídeo submarinos galegos este ano.