Vilagarcía repasa os cincuenta anos da casa-museo de Rosalía de Castro

Antonio Garrido Viñas
antonio garrido VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

A exposición pódese visitar na praza de Ravella ata o 26 de febreiro

20 feb 2024 . Actualizado a las 11:27 h.

Onte inaugurouse a exposición A casa de Galicia. Cincuenta anos da Casa de Rosalía que pode visitarse dende xa na praza de Ravella de Vilagarcía. Inaugurouse cun acto que contou coa presencia do alcalde, Alberto Varela, da concelleira de Cultura, Sonia Outón, e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. A mostra, que está situada diante do concello, poderá verse ata o día 26 de febreiro.

Pepe Barro é o comisario dunha exposición que fai un repaso pola historia do centro. A casa-museo abriuse ao público o 15 de xullo de 1971 grazas á colaboración de milleiros de persoas de toda Galicia e da emigración. «A semente para acadar este logro púxoa o Padroado Rosalía, creado en 1947. O organismo converteuse en refuxio do galeguismo con actos como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación da cultura e identidade do país. E nese contexto foi medrando a idea de recuperar a casa que habitou a autora de Cantares Galegos, un proxecto impulsado pola vontade popular ao que nin sequera o franquismo puido deter», explica Ravella.

Na exposición lémbrase o que supuxo, en pleno franquismo, conseguir mercar, restaurar e musealizar o inmoble no que residiu Rosalía de Castro. A campaña arrincou no 1970 a raíz da proposta realizada por José Manuel Rey de Viana no Pedrón de Ouro. A causa foi abrazada por centros de persoas anónimas de toda Galicia, con colectas en moitos municipios e en case que todos os centros galegos na emigración. «A iniciativa conseguiu a adhesión de máis de 70 concellos, varios bancos, a Federación de Caixas de Aforros, clubs de fútbol como o Celta de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e innumerables asociacións de todo o país. O resultado foron as 994.043 pesetas recadas en 1971 e que se destinaron á executar o proxecto da cas -museo. Por iso a historia da Casa de Rosalía é a historia dun logro colectivo», lembra Ravella.

A historia da casa

A casa ficara baleira pouca despois da morte da escritora, no 1885. No 1946 mercárona Xosé Villar Granjel e Xosé Mosquera. Este último fundou no 1947 o padroado Rosalía de Castro. «Ata 1951 non se realizou a primeira restauración do inmoble, segundo planos de Gómez Román. E por fin en 1971, co Padroado presidido por Sixto Seco e baixo a dirección de Fernández-Albalat, inaugúrase como Casa-Museo. Foi o 15 de xullo dese mesmo ano e a montaxe e dirección do proxecto museístico correu da man de Xosé Filgueira Valverde», apunta Ravella. Todos estes detalles, e algún máis, poden verse na exposición.