O BNG lémbrase de Rosalía a pesares do temporal

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

A formación política celebrou a súa tradicional homenaxe á poetisa en Carril

26 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Vilagarcía volveu este mediodía, coma todos os anos, a lembrar a figura de Rosalía de Castro. O acto, que non puido ser tal e como estaba previsto por mor das inclemencias meteorolóxicas, celebrouse diante do busto na honra da poetisa que hai en Carril.

Contan os nacionalistas que o tempo non lles dou nin un respiro pero que, aínda así, foron quen de achegarse ao monumento para deixar un ramo de flores. Lamentablemente, non se daban as condicións para levar a cabo a lectura de diversos poemas. Con este recoñecemento, que os nacionalistas celebran todos os anos, queren reivindicar a potencia da cultura galega, da lingua e da identidade coa que consideran é a icona principal do noso país. «Unha figura que nos une e nos leva ao futuro desde o que somos», aseguran.