Cambados verá este sábado a coroación dos campións galegos de fútbol 8

La Voz VILAGARCÍA/ LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

As finais están programadas para as 15.30, a prebenxamín, para as 16.30 a benxamín e para as 17.30 a alevín

30 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Federación Galega de Fútbol aceptou a solicitude do Club Juventud Cambados de acoller, este sábado 1 de xuño, a fase final do Campionato Galego de Fútbol 8 que decidirá o nome dos campións das tres categorías base que compiten baixo este formato.

Logo da disputa de cadansúa fases intermedias a fin de semana pasada, a norte —equipos das provincias da Coruña e de Lugo— e a sur —Pontevedra e Ourense—, o Campo Municipal de Burgáns verá ás 10.30 as semifinais prebenxamíns: Conxo Santiago-Rápido de Bouzas e UD Santa Mariña-Ural Español. Ás 11.30 comezarán as benxamíns: RC Deportivo-CD Soutomaior e RC Celta-Bertamiráns. E desde as 12.30 as alevíns: Sada-ED Val Miñor e RC Celta-RC Deportivo. As finais están programadas para as 15.30, a prebenxamín, para as 16.30 a benxamín e para as 17.30 a alevín.