O conselleiro do Mar, na praza de Vilanova

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

Villares enxalzou a dieta atlántica e o papel dos profesionais da peixería, acompañado por Durán

12 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou onte a praza de abastos de Vilanova para resaltar a importancia do consumo de peixe e marisco polos seus beneficios para a saúde e o impacto positivo no sector marítimo-pesqueiro. Acompañado polo alcalde, Gonzalo Durán, Villares destacou a dieta atlántica como sinónimo de benestar e calidade de vida, facendo fincapé na calidade e sabor dos produtos do mar de Galicia. O conselleiro enxalzou a pesca artesanal e de proximidade, gabou o papel dos profesionais das peixerías e recordou a campaña Amar Galicia, que difundir a variedade e calidade dos produtos do mar galego.