O Fantasio na Rúa chega ás Pistas o mércores con «¡Vaya vacaciones!»

R. C. / S. G. VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O programa de cine na rúa aposta nesta ocasión por unha comedia

23 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha comedia sobre as vacacións de verán é o filme elixido para proxectar este mércores, 24 de xullo, no barrio das Pistas no marco do programa Fantasio na Rúa que organiza a Concellería de Xuventude. Trátase do film de produción española ¡Vaya vacaciones! que se proxectará na rúa Camilo José Cela a partir das 22 horas.

Unha divertida historia, cuxa sinopse mostra unha relación familiar que resulta converterse nunha batalla librada entre uns avós e os seus netos para conseguir que ambos grupos pasen o peor verán das súas vidas. Que trata dunha película para todos os públicos estreada no 2023, dirixida por Víctor García León e protagonizada por Toni Acosta, Ernesto Sevilla, Tito Valverde, Gracia Olayo, Daniela Rubio, Manuel Burque e Ramón Barea.