Concerto vocal dunha noite de verán nas ruínas de Santa Mariña

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Tolemia's Consort ofrece este sábado unha actuación «a capella» gratuíta no monumental camposanto de Cambados

26 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo de música vocal Tolemia's Consort ofrecerá este sábado, 27 de xullo, un concerto a capella baixo os arcos das ruínas da igrexa de Santa Mariña Dozo, en Cambados.

O monumental camposanto e a súa capela serán escenario dun repertorio que, segundo os oito compoñentes da formación, «evocará o espírito das noites de verán, os sons da natureza e o amor estival en todas as súas formas». A hora escollida, as nove da noite, contribuirá a xerar a atmosfera acaída nun concerto de balde ao que o público poderá asistir sentado.