Unha danza das espadas con 358 anos de tradición

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

Carril gozou do seu maior patrimonio inmaterial

26 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Se as crónicas non faltan á verdade, o pobo mariñeiro do Carril comezou a danzar con espadas na honra do seu patrón, o Apóstolo Santiago, en 1666. A plasticidade da cerimonia, que acende como poucas o espírito carrilexo, despregouse onte de novo. No adro da igrexa, primeiro, e a continuación polas rúelas da antiga vila, hoxe integrada en Vilagarcía. 358 anos de tradición son aval abondo, pero aínda o é máis o feito das xeracións máis novas bailaren a súa farsa coa mesma paixón cós seus maiores. Futuro.