PP e BNG da Illa cúlpanse mutuamente da que a Xunta non financie a nova depuradora

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

A obra foi adxudicada por 7,5 millóns de euros, dos cales o 20 % debe pagalos o Concello

16 nov 2024 . Actualizado a las 17:52 h.

O pasado mes de setembro adxudicouse por 7,5 millóns de euros a obra da nova depuradora de augas residuais (EDAR) da Illa e anunciouse que este mes empezarían a construírse, pero o seu financiamento aínda segue xerando debate. O 80 % do investimento corre por conta do Estado, con fondos Next Generation EU, e o 20 % asúmeo o Concello a conta dos ingresos que vai percibir pola prórroga do servizo de subministro de auga potable con Espina y Delfín.  No obstante, o goberno da Illa esperaba poder reducir a súa contribución cunha achega da Xunta, que non dá chegado.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Manuel Suárez (BNG), acusa ao Goberno galego de desentenderse do asunto a pesares de existir un convenio entre Augas de Galicia e o Estado para cofinanciar este tipo de infraestruturas.

Pola súa banda, o PP local fala da «inutilidade e incapacidade política manifestas do goberno bipartito para acadar fondos da Xunta» e nega que haxa unha persecución política coa A Illa. «O que hai na Illa é un goberno que non sabe negociar nin presentar proxectos axeitados para que outras administracións invitan no noso concello», sosteñen os populares.