
Será este xoves ás 20 horas no auditorio, con entrada libre
17 dic 2024 . Actualizado a las 15:38 h.O cineclub Entrecortiñas da Illa de Arousa organizou para este xoves unha sesión especial inspirada en Palestina. A partir das oito da tarde no auditorio municipal proxectaranse en versión orixinal «As mulleres palestinas», «Líbano sur: historia dunha vila asediada», «Os nenos da guerra» e «Exipto: cidade dos mortos». A sesión é posible grazas á colaboración ca fundación Jocelyne Saab e contará coa presenza do escritor Anan Abdalah que vén de publicar a novela «Ojos de Palestina». Entrada libre.