Unha imaxe de Carliños Meco, nominada aos Premios Goya de Fotografía

Leticia Castro O GROVE / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

O fotógrafo grovense xa foi galardoado en diferentes certames internacionais

17 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O grovense Carliños Meco ven de ser nominado aos Premios Goya de Fotografía, un dos certames máis prestixiosos do sector no ámbito nacional, na categoría de libre creación. Non é a primeira vez que unha imaxe súa acada mención neste concurso; xa o fixera no 2023.

A Asociación de Fotógrafos Profesionais de Galicia daba onte a coñecer a nova, destacando que Carliños desenvolve «un estilo que combina a creatividade e a arte coa captura da realidade máis pura, chegando incluso ao minimalismo». Meco foi galardoado recentemente nos certames internacionais de Budapest, Tokyo International Photo Awards (TIFA) —cun bronce na categoría Fine Art- Minimalism máis dúas mencións—. Ademais acadou mencións de honra na Prix de la Photography de París e no International Photo Awards (IPA), uns logros, din dende o colectivo profesional. «que reafirman a súa traxectoria e calidade fotográfica».