Tres vilagarciáns acadan os premios do certame de poesía Xaquina Trillo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Mónica Garrido, María josé Rodríguez e Víctor Manuel Golpe recibiron os galardóns no Salón García de Vilagarcía

18 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A cuarta edición do concurso de poesía en lingua galega Xaquina Trillo, que promoven a Mesa das Verbas e a concellería de Cultura de Vilagarcía, entregou onte os seus tres galardóns. Por primeira vez dende que se instituíu a distinción, os premiados son, todos eles, poetas vilagarciáns. O primeiro posto premia a sensibilidade de Mónica Garrido por Anatomía dunha espiral temporal, que acadou trescentos euros, un vale de compra de cen euros para ser empregado no Centro Comercial Arousa e un diploma.

O segundo lugar foi para María José Rodríguez García polo seu poema Noxo, e o terceiro caeu da beira de Víctor Manuel Golpe e a súa peza A nosa propia UP. A gala, desenvolta no Salón García, contou coa actuación de Raquel Senín.