
O conxunto que dirixe Juan Costas impúxose 27-32 e segue a estela do Balonmano Gijón
28 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Inelsa Solar Asmubal Meaño mantén o seu pulso pechado co Balonmano Gijón polo título do Grupo A da División de Honor Plata Femenina, co cadro asturiano 3 puntos por riba e cun partido máis xogado logo da xornada 17. Nela, as de Juan Costas venceron 27-32 ao Porriño B nun partido igualado na primeira parte, en boa medida polo desacerto visitante en lanzamentos claros, e que se lle puxo de cara ao Asmubal tras a pronta lesión da xogadora de referencia local, Aroa Fernández, e pola descualificación de Anabel Gil no minuto 38 tras a súa terceira exclusión.
Máis aló do triunfo, o Asmubal Meaño celebrou o regreso de Sabela Miniño ás súas filas. A xogadora da canteira, crucial a temporada pasada na salvación in extremis, decidira o pasado verán tomarse un descanso para centrarse nos seus estudos. Un retiro breve que co seu fin pon en mans de Costas a unha zurda con gol á que o seu técnico quere aproveitar no lateral.
FICHA DO PARTIDO:
PORRIÑO B (27): García-Navas, Nayara Alonso, Aroa Fernández (1), Anabel Gil (1), Athenea Barreiro (2), Claudia Kaulback (9) e Marta Martínez (2) —septeto titular—; Mara, Cortiñas (3), Uxía Campos (1), Uxía González (3), Isis, Raimúndez (1), Andrea e Castiñeira (4).
INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (32): Nadia Vázquez, María Currás, Laura Miniño (8), Eli Méndez (4), Agustina Ballada (5), Paula Rey (1) e Cárol Ferreira (7) —septeto titular?; Sineiro, Arangio (4), Sabela Miniño (2), Larralde, Andrea Cores (1), Vanesa Domínguez e Shaila.
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-2, 4-5, 7-9, 10-11, 12-13, 15-16 (descanso); 16-17, 16-22, 18-24, 21-27, 23-28 e 27-32.
ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Jiménez e Sierra. Castigaron con dous minutos as locais Castiñeiras e Anabel Gil, esta descualificada no minuto 38.18, e as visitantes Sineiro, Domínguez e, por dúas veces, a Ferreira e a Méndez.