11 feb 2026
Raquel Muñiz, a meañesa de 16 anos no radar da selección española de balonmán para o Mundial Xuvenil
A arousá vén de pechar unha semana máxica, concentrada polo corpo técnico nacional e liderando a última vitoria do Asmubal na División de Honor Plata Femenina. O consello do seu adestrador, Juan Manuel Costas, que manteña os pés no chan para seguir medrando no seu deporte