Celia Castro revalida o título galego absoluto de 800 metros en pista cuberta

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Impúxose con case tres segundos sobre a subcampioa

04 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A atleta cambadesa Celia Castro encadeou o pasado sábado nas instalacións de Expourense o seu segundo título galego absoluto de 800 metros en pista cuberta.

Coa licra do C.A. Alcorcón, a deportista que adestra a vilagarciá Verónica Cores (Agrupación Atlética Mazí) impúxose con suma autoridade cun tempo de 2 minutos, 10 segundos e 61 centésimas. Foron case tres segundos menos cos empregados por Sabela Martínez, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, subcampioa en 2.13,41. Himi Lamiyae, do Club Atletismo Narón, pechou o podio cun crono de 2.18,72. Celia Castro disputará dentro dun mes, o 8 e 9 de marzo en Aldehuela, Salamanca, o Campionato de España Sub-20.