Rosalía, nas súas propias verbas

La Voz

AROUSA

M.R.

O BNG celebrou en Carril a súa tradicional homenaxe á poeta de Padrón

17 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Vilagarcía celebrou este domingo, en Carril, a súa tradicional homenaxe a Rosalía de Castro. Diante do busto da autora padronesa, persoas de todas as idades deron lectura aos seus versos favoritos da poeta, da que se celebra o seu día o 23 de febreiro, co gallo do seu nacemento. Este ano, a coincidencia desa data cunha convocatoria de manifestación en Santiago por parte de Queremos Galego obrigou a adiantar a celebración carrilexa.