Prata de Kiko Rodríguez na segunda proba do Campionato de Italia de Esgrima para invidentes

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

20 feb 2025 . Actualizado a las 08:59 h.

O deportista de Marín e raíces en Meis Kiko Rodríguez vén de completar a pasada fin de semana en Rovigo a segunda proba puntuable para o Campionato de Italia de Clubs de Esgrima para Invidentes cun segundo posto.

O deportista, que compite pola Accademia Scherma Milano, caeu na final por un axustado 15-12 fronte ao tirador italiano Natale Di Maio, do Club Scherma Palermo, nun duelo que, visto o nivel de ambos os dous, promete repetirse ao longo da temporada.

O resultado conseguido en Rovigo permítelle a Kiko Rodríguez escalar ata a terceira posición do ránking absoluto italiano, metido de cheo na pelexa polo título nacional transalpino logo de ser subcampión o ano pasado. «Regreso a casa con un grandísimo segundo puesto, feliz por entrenar con mis compañeros y competir con mis grandes rivales, los ya conocidos y los nuevos», declarou o galego tras o campionato.