
A proba comeza hoxe, con cinco etapas por diante e equipos coma o Groupama-FDJ ou o Movistar
26 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O ciclista cambadés Ángel Sánchez volve disputar O Gran Camiño, a oficiosa Volta a Galicia que da man do excorredor profesional Ezequiel Mosquera, devolveu no 2022 o gran pelotón ás estradas do país.
Baixo a dirección do vilagarcián Gustavo César Veloso, Ángel Sánchez forma equipo no Tavfer-Ovos Matinados-Mortágua co tamén galego Lois de Jesús e cos portugueses Gonçalo Carvalho, Francisco Alves, João Matias, Rafael Barbas e António Barbio. A carreira comeza hoxe en terras lusas e contará con cinco etapas ata este domingo, con equipos como o Groupama-FDJ ou Movistar.