O instituto Asorey vólcase na figura de Luis Seoane cunha charla e unha exposición
CAMBADOS / LA VOZ
AROUSA
27 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O IES Francisco Asorey de Cambados presenta o proxecto «Luís Seoane: O Futuro Está Aquí», froito da colaboración de alumnado do departamento de Debuxo e Rosa Espiñeira Pan, estudosa da obra de Luís Seoane. Con tal motivo, hoxe haberá unha charla dirixida aos alumnos a cargo de Espiñeira e ábrese unha exposición ata o 28 de marzo no novo espazo Artsorey do centro formada por 44 obras realizadas por alumnado do ESO onde se revisan as formas gráficas de Seoane.
Rosa Espiñeira é titulada en Historia da Arte e Museoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e desde 1986 estuda e difunde a obra escrita e pintada de Luís Seoane.