
A Maga Fani e Ártika Cía actuarán nos respectivos auditorios, con entrada de balde
13 mar 2025 . Actualizado a las 13:44 h.O programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra leva este domingo a Ribadumia e Vilanova tres de teatro enmarcados no circuíto da Deputación de Pontevedra que apoia a programación de teatro. A entrada é de balde.
O auditorio de Ribadumia acollerá ás 19 horas o espectáculo para todos os públicos Na procura da igualdade da Maga Fani. A súa protagonista chega ao escenario cuns claros obxectivos: que as persoas poidan camiñar en calma a calquera hora do día. Que sexa cotián cobrar o mesmo, realizar e alcanzar idénticos postos de traballo ou extinguir a violencia de xénero. A función combina maxia e humor para procurar unha igualdade real e xenuína, nun espectáculo ateigado de ilusións e participación do público.
A illa da deslembranza de Ártika Cía representarase ás 18 horas no auditorio de Vilanova. A obra céntrase nos recordos da avoa de Uxía, que van e veñen como as ondas do mar. Trátase dunha trepidante historia de aventuras de piratas, onde Uxía loitará cos piratas da Illa da Deslembranza para que non leven os recordos da súa avoa.
+Escénica chegará tamén a Sanxenxo con Os tres porquiños de EducaTeatro Producións ás 17.30 horas no auditorio Emilia Pardo Bazán.