A Mequiña faráo tamén na LGT-A masculina
30 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O sur da ría de Arousa contará este verán con tres tripulacións na competición de cabeceira do país na modalidade raíña do remo de banco fixo: a Liga Galega de Traiñeiras.
O C.R. Mecos faráo por partida dobre, na LGT-A masculina, onde terá como rivais o CM Bueu-Simei, CR Chapela-Wofco, SD Tirán-Pereira, CM Castropol, SD Samertolameu-Oversea, CM Mugardos, CR Urme, CR Cabo da Cruz, CR Narón e CCD Cesantes-Rodavigo. En total, once embarcacións.
A Liga Galega de Traiñeiras Feminina contará coa maior representación do sur da ría de Arousa da súa historia. E é que este ano os dous clubs veciños do Grove, o CR Mecos e o Amegrove C.R. decidiron sacar cadansúa tripulación, nun campionato que terá outros nove aspirantes ao título: CR Cabo da Cruz, SD Tirán-Pereira, CR Chapela-Wofco, Cesantes-Bueu-Cefycal-Simei, CR Salgado-Perillo, CR Rianxo, CR A Cabana-Ferrol, CM Castropol e CM Mugardos.
O CR Vilaxoán volverá ser, como vén sucedendo desde a pandemia, o grande ausente da Liga Galega de Traiñeiras, que este ano 2025 sumará un total de 27 embarcacións entre as súas tres categorías. Na LGT-B masculina, con tan só cinco traiñeiras na procura do ascenso: CR A Cabana-Ferrol, CR Puebla, CR Salgado-Perillo, CR Chapela-Wofco B e CM Bueu-Simei B.